Descrición

O Clube Rallye Rías Altas, organiza o Rallye Rías Altas Histórico, que se celebrará os días 8 e 9 de Outubro de 2021. Este rali disputarase de acordo co disposto nos seguintes regulamentos por orde de prelación:
a) As Prescricións Comúns aos Campionatos, Copas, Trofeos e Challenges de España, no que sexa de aplicación.
b1) Regulamento Deportivo e Técnico do Campionato de España de Rallyes de Velocidade para Vehículos Históricos, no que sexa de aplicación.
b2) Regulamento Deportivo e Técnico do Campionato de España de Rallyes de Regularidade para Vehículos Históricos, no que sexa de aplicación.
c) O Regulamento Particular.
En caso de contradición entre estas normativas prevalecerá a de rango superior, excepto no referente ás normativas específicas dos Campionatos de Velocidade e Regularidade que non terán aplicación entre si e non entrarán en conflito na aplicación da orde de prelación (casos b1 e b2).
O C.D.I. será de aplicación nos aspectos xerais, de procedemento, reclamacións e de apelación.

O rallye será puntuable para os seguintes Campionatos, Copas e Trofeos:

Campionato de España de Rallyes de Velocidade para Vehículos Históricos:

  • Campionato de España de pilotos de Rallyes para Vehículos Históricos de Velocidade – Pre 81.
  • Campionato de España de copilotos de Rallyes para Vehículos Históricos de Velocidade – Pre 81.
  • Campionato de España de pilotos de Rallyes para Vehículos Históricos de Velocidade – Pre 90.
  • Campionato de España de copilotos de Rallyes para Vehículos Históricos de Velocidade – Pre 90.
  • Trofeo de España de pilotos de Rallyes para Vehículos Históricos de Velocidade – Categoría 5.
  • Trofeo de España de copilotos de Rallyes para Vehículos Históricos de Velocidade – Categoría 5.
  • Trofeo de España de clubs/escuadras de Rallyes de Velocidade para Vehículos Históricos.
  • Trofeo de España de pilotos de Rallyes para Vehículos Históricos de Fabricación Nacional –Grupos 1, 2, 3, 4, N, A ou B cunha cilindrada inferior a 1600 cm3.
  • Trofeo de España de copilotos de Rallyes para Vehículos Históricos de Fabricación Nacional –Grupos 1, 2, 3, 4, N, A ou B cunha cilindrada inferior a 1600 cm3.

Campionato de España de Rallyes de Regularidade para Vehículos Históricos:

  • Campionato de España de pilotos de Rallyes de Regularidade Sport.
  • Campionato de España de copilotos de Rallyes de Regularidade Sport.
  • Campionato de España de pilotos de Rallyes de Regularidade para Vehículos Históricos.
  • Campionato de España de copilotos de Rallyes de Regularidade para Vehículos Históricos.
  • Trofeo de España de clubs/escuadras de Rallyes de Regularidade para Vehículos Históricos, en cada certame (Regularidade Sport e Regularidade)

Tour European Rally Historic