Información de interese

INFORMACION PARA PARTICIPANTES

Verificacións Técnicas

A zona de verificacións técnicas é unha zona de acceso restrinxido ao tráfico. Hai cámaras de control que sancionan a todos os vehículos que circulan nesa zona.
poderán acceder a esa zona os vehículos de competición que previamente sexan autorizados. Está PROHIBIDO o acceso a furgóns, remolques e outros vehículos.

Os vehículos, unha vez verificados non poden quedar estacionados na zona de verificación, nin noutro lugar de esta praza.O incumplimiento esta normativa conllevara una SANCION. ¡ATENCION! É una zona peatonal, a velocidade está limitada a 20 km/h.

A hora de entrada no Parque Pechado é até ás 15:30 horas.

Acceso á Zona do Parrote
O acceso dos participantes a esta zona realizarase como se ve nesta imaxe, segundo se indíca no libro de ruta na parte final, páxinas 106 e 107.

 

Pulseiras identificativas
Desde o momento das verificacións técnicas todos os participantes, piloto e copiloto, deberán levar postas as pulseiras identificativas que se lles entregan, para acceder aos parques pechados, reagrupamentos, zona de asistencia, cerimonias, etc.

Retirada dos vehículos do Parque Pechado
Unha vez rematado o rali e publicada a Clasificación Oficial, todos os equipos deben retirar os seus vehículos da zona do Parrote antes das 19:30 horas. Os vehículos que non se retiren antes esta hora, serán sancionados pola Policía Local. Deberán salir polo mismo recorrido usado para entrar ao Parque Pechado.

Repostaxe
O repostaxe de gasolina só se pode facer nas gasolineiras do percorrido do Rali. Está PROHIBIDO repostar gasolina na Zona de Asistencia

Acceso á Zona de Asistencia
O acceso á zona de asistencia poderase realizar dende o xoves 7 de octubre ás 18:00 horas. Non se permitirá o acceso de vehículos de asistencia a partires do venres as 16:00 horas. Dende esta hora do venres  até que remate a primera etapa non se permitirá a entrada de vehículos de asistencia (excepción: vehículos de competición retirados da competición e que solicitaran unha nova saida na 2ª etapa). O sábado 9 de outubro non se permite a entrada de vehículos de asistencia a partires das 10:00 horas.