Treitos

Os treitos da EDICION 2019 publicaranse o Luns 23 de Setembro.

Nesta páxina polo momento podes ver os treitos do ano 2018

Podes ver os treitos do rallye a través de Google Earth: Rallye Rias Altas 2018

Tramo 1/3 – Doroña   –  Horarios: 09:36 e 12:08 – A estrada cortarase ao tráfico ás 08:06. Non se abrirá entre ambas as pasadas.

Doroña é un treito con moita historia, tanto no Rallye de Ferrol como no Rallye de Coruña. A saída será practicamente no mesmo lugar orixinal, na estrada DP-0906 un pouco máis adiante do Colexio de Campolongo. A meta igualmente sitúase no lugar orixinal de anos atrás. É un treito cunha parte inicial e final sobre a mesma estrada con bo firme aínda que esvaradío e bastante rápido. No seu parte intermedia a estrada é bastante máis estreita e sinuosa aínda que tamén con asfalto bo. A zona do lavadoiro unha vez máis pode ser a que atraia a maior número de afeccionados.

Tramo 2/4 – Monfero   –  Horarios: 10:09 e 12:41 – A estrada cortarase ao tráfico ás 08:39. Non se abrirá entre ambas as pasadas.

Monfero, do mesmo xeito que Doroña, é un treito moi recoñecido tanto no Rallye de Coruña como no Rallye de Ferrol. De feito é un treito actual porque se segue realizando neste último. Para esta ocasión recorreuse a unha das súas versións máis antigas, cun trazado máis lineal sen tantos cruces e cun piso en excelentes condicións. A parte inicial comeza cunha vertixinosa baixada que leva a enlazar coa estrada DP-5003 pola que transcorre o seu maior parte. A zona final tamén é unha zona rápida pero cunha pista estreita sen marxe para erros. A zona do Mosteiro será a preferida para os afeccionados unha vez máis.

Tramo 5/7 – Irixoa   –  Horario: 16:00 e 18:47 – A estrada cortarase ao tráfico ás 14:30. Non se abrirá entre ambas as pasadas.

Irixoa é un treito que une dous vellos trazados do Rallye de Coruña. A primeira parte utilizouse nun treito do ano 1987 no Rallye Tecam A Coruña. Agora é unha zona con bo asfalto e rápida ata a Igrexa de Mántaras. A partir de aquí comeza a parte nova, na súa maioría estreita e moi técnica. A parte final do treito volve ser de asfalto liso, ancho e rápido, que tamén foi treito a mediados dos anos 80, aínda que en sentido contrario.

Tramo 2/4 – Aranga   –  Horarios: 16:23 e 19:10 – A estrada cortarase ao tráfico ás 14:53. Non se abrirá entre ambas as pasadas.

Aranga de mantén case idéntico ás últimas edicións do Rallye de Coruña. Tan só o principio de treito, apenas 1 km, que agora é unha estrada moi ancha e lisa cambiou. O resto do treito combina fortes subidas e baixadas con zonas máis estreitas e complicadas. A ponte de Aranga será unha das citas ineludibles para os bos afeccionados, aínda que o seu acceso ha de acerse antes da hora de peche do treito.

Podes descargar os mapas en formato .pdf, nesta ligazón: TREITOS