Inscrición
O peche das inscricións terá lugar ás 14:00h do MÉRCORES, 24 de SETEMBRO de 2025. O único procedemento válido para a inscrición é a través da plataforma on-line da RFEdeA, á que podes acceder nesta ligazón:
O número máximo de rexistrados fíxase en 90 participantes. O Comité organizador resérvase o dereito de rexeitar unha inscrición de acordo con o establecido no artigo 3.14 do C.D.I.
Este número máximo engloba aos participantes das dúas competicións (Rallye Rías Altas Histórico e Rallye Rías Altas Rallycar Festival) tendo prioridade os equipos rexistrados no CERVH 2025.
Os dereitos de inscrición por equipo fixanse en:
Campionato de España de Rallyes de Velocidad:
– Coa publicidade proposta polo organizador: 600 €
– Sin a publicidade proposta polo organizador: 1200 €
Campionato de España de Rallyes de Regularidade Sport:
– Coa publicidade proposta polo organizador: 400 €
– Sin a publicidade proposta polo organizador: 800 €
Campionato de España de Rallyes de Regularidade:
– Coa publicidade proposta polo organizador: 345 €
– Sin a publicidade proposta polo organizador: 690 €
O pago dos dereitos de inscrición só poderá ser realizado, antes das 14:00 horas do Mércores, día 24 de setembro de 2025, mediante tarxeta de crédito a través da plataforma on-line da RFEdeA.
Nota: o sistema GPS está incluido no prezo de inscrición.
Bonificación por inscrición anticipada:
Os equipos que realicen a súa inscrición (completa en todos os seus apartados e co pago realizado) antes das 14:00 horas do SABADO, 13 de SEPTEMBRO de 2025, recibirán unha bonificación na semana posterior ao rali, de:
- Equipos inscritos en velocidade: 100 €
- Equipos inscritos en regularidade: 50 €
-
-
- Para beneficiarse da bonificación, a inscrición debe de estar completa en todos os seus apartados antes da hora e data indicada. Se falta algún destes datos a bonificación non se fará efectiva. [Concursante: nome, nº de licenza e nº de copia; Piloto: nome, DNI, licenza, dirección postal, teléfono, e-mail; Copiloto: nome, DNI, licenza, dirección completa, teléfono, e-mail; Vehículo: marca, modelo, matrícula, nº bastidor, categoría, ficha homologación/pasaporte]
-
-
A solicitude de inscrición no será aceptada se non Vai acompañada de:
– Os dereitos de inscrición.
– Se non está debidamente cumplimentada en todos os seus apartados.
– Toda a documentación solicitada.
Os dereitos de inscrición serán totalmente reembolsados:
– Aos solicitantes cuxa inscripción fose rexeitada.
– No caso de que o rali non se celebrara.
– O Organizador poderá rembolsar ata un 100% dos dereitos de inscrición aos Participantes que, por razóns de forza maior debidamente verificadas, non puidesen presentarse á saída do rali.
– Non se devolverán os dereitos de inscrición a aqueles participantes sancionados a criterio da organización por incumprimento do punto 2 das Disposicións Complementarias relativas aos recoñecementos.
6.4 REXISTRO AO CERVH
Dará dereito a:
- – Poder optar a puntuar e bloquear puntos para o CERVH.
- – Prioridade na orde de saída, por cada grupo de categorías (Pre81/Pre92/Pre2000 e Classic/Classic Silueta).
- – Prioridade na aparición en pantalla no streaming ou producción para TV posterior ao rali.
- – Prioridade na visibilidade na web e RRSS do CERVH.
- – Prioridade na aceptación da inscrición a un rali, naquelas probas onde se teña un límite por regulamento particular.
- – Os copilotos non deberán rexistrarse xa que adquiren a condición de rexistrados en todas as probas do campionato automaticamente cando participen cun piloto rexistrado. Só puntuarase desde o momento en que se participe cun piloto rexistrado, non tendo efecto retroactivo.
Establecense unhos dereitos de rexistro de 100,00 € para velocidade e 50 € para regularidade que o interesado deberá aboar á RFEDA.
Os interesados que queiran rexistrarse deberán realizalo a través da plataforma Podium, nas seguintes ligazóns:
Ningún participante poderá rexistrarse no CERVH pasada a antepenúltima proba: Rallye Orvecame Isla de Tenerife (12/13 Septembro)
SEGURO
Todos os datos referentes á cobertura do seguro, figuran no Capítulo VI das Prescricións Comúns dos Campionatos, Copas, Trofeos e Challenges de España 2025.
Calquera consulta relacionada coas inscricións poden enviala a: inscripciones@rallyeriasaltas.com
.