Zona de Asistencia
Para o Rallye Rías Altas Histórico 2026 está previsto o seguinte Parque de Asistencia:
Lugar: O Carregal (Betanzos)
Horario: Venres 2 e Sábado 3 de Outubro
Coordenadas: 43º16’44’’N – 08º12’54’’O
O acceso a zona de asistencia poderase realizar desde o venres 2 de outubro ás 08:00 horas. O sábado 3 de outubro non se permite a entrada de vehículos de asistencia a partir das 10:00 horas..
Os vehículos de asistencia de grandes dimensións (camións, autobuses etc.)/ etc.) non poderán abandonar o parque de asistencia mentres haxa participantes no mesmo, e para facelo, deberán comunicalo previamente ao oficial responsable, co fin de que este indíquelles a mellor forma de realizalo.
En todo o recinto queda totalmente prohibido a venda ao público de calquera produto, a non ser que se dispoña dun permiso da organización.
Queda prohibido aos equipos facer buracos no chan. Ao finalizar o rallye, todos os equipos deben deixar o espazo ocupado completamente limpo e nas mesmas condicións que o atoparon. O incumprimento desta norma será comunicado aos Comisarios Deportivos, que poderán sancionar economicamente ao Participante ata 3.000 €.
O único lugar permitido para depositar os remolques será na zona habilitada para iso.
Os equipos deberán abandonar a zona de asistencia e deixar completamente libre o seu espazo antes das 17:00 horas do sábado 3 de outubro
A distribución na zona de asistencia para esta edición será así:
Descarga o plano da Zona de asistencia
