Información de Interés

INFORMACION PARA PARTICIPANTES

Verificacións Técnicas
A zona de verificacións técnicas é unha zona de acceso restrinxido ao tráfico. Hai cámaras de control que sancionan a todos os vehículos que circulan nesa zona..
poderán acceder a esa zona os vehículos de competición que previamente serán autorizados. Está PROHIBIDO o acceso a furgóns, remolques e outros vehículos.

Acceso á zona do Parrote
O acceso dos participantes a esta zona realizarase sempre como se indica nesta imaxe.

 

Os vehículos, unha vez verificados non poden quedar estacionados na zona de verificación, nin en ningún lugar desta praza. Poden entrar directamente ao Parque Pechado. O incumprimento desta norma conlevará unha SANCION.  ATENCION! É unha zona peonil, a velocidade esta limitada a 20 km/h

 

A hora límite de entrada ao Parque Pechado é ata as 16:00 horas

Pulseiras identificativas
Desde o momento das verificacións técnicas todos os participantes, piloto e copiloto, deberán levar postas as pulseiras identificativas que se lles entregan, para acceder aos parques pechados, reagrupamientos, zona de asistencia, cerimonias etc.

Retirada de vehículos do Parque Pechado
Unha vez finalizado o rallye e publicada a Clasificación Oficial, todos os equipos deben retirar os vehículos da zona do Parrote antes das 21:00 horas. Os vehículos que non se retiren antes desta hora, serán sancionados pola Policía Local. Deberán saír polo mesmo percorrido que entraron ás Verificacións técnicas. Está PROHIBIDO sair pola zona do podium.

Repostaxe
A reposición de gasolina pódese realizar nas gasolineiras do percorrido do Rallye. Está PROHIBIDO encher gasolina na Zona de Asistencia, excepto na zona prevista para o refuelling

Acceso á Zona de Asistencia
O acceso a zona de asistencia poderase realizar desde o venres 2 de outubro ás 08:00 horas. O sábado 3 de outubro non se permite a entrada de vehículos de asistencia a partir das 10:00 horas. Desde esta hora do sábado ata que finalice o rallye non se permitirá a entrada de vehículos de asistencia.