Rallye Rías Altas Histórico 2026

02/03 Outubro, A Coruña
CERH – Campionato de España de Ralis Históricos

FALTAN

Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

O Rali

A 12 edición do Rías Altas Histórico

Superada a barreira das dez edicións, o Rali Rías Altas sempre puntuable para o Campionato de España de Ralis Históricos (CERH), manten  a súa ilusión por  ser unha das probas mellor organizadas e que os participantes disfruten ao máximo dunha competición na que eles son os verdadeiros protagonistas.

Etapas

2 etapas: venres e sábado

Treitos

8 Treitos cronometrados (4×2)

Distancia

116 Kms cronometrados

Sobre nos

Un rali para todos!

Descobre a paixón polos ralis históricos no noroeste de España.

No Rali Rías Altas Histórico, cada curva conta unha historia e cada vehículo é un testemuño da rica herdanza automobilística. Os participantes son os verdadeiros protagonistas dunha proba baseada nas súas opinións, consellos e críticas, para que percorrer cada un dos tramos sexa un verdadeiro pracer de condución. Se aínda non participaches únete a nós para vivir momentos inesquecibles.

Os afeccionados son o outro piar que constrúe este evento. Sempre apoiando ao rallye sen paliativos e en gran número, son un referente para o resto do Campionato. Ven e coñece a outros entusiastas, comparte experiencias e mergúllate nun ambiente cheo de adrenalina e camaradería. Non perdas a oportunidade de ser parte desta aventura única que une aos amantes dos coches históricos e os ralis.

O máis destacado da edición 2025

Neste video podes ver como foi a edición 2025 na que os gañadores foron:

Pre-81: Javier Bouza – Iván Bouza

Pre-92: Ramón Martínez – Adrián Fernández

Pre-2000: Borja Vila – Diego Vázquez

Classic: Jacobo Garcia – Bartomeu Fluxá

Silueta: Darío Calviño – Oscar Souto

Rallycar Festival: Pablo Rey – Pili Seco

Regularidad Sport: Francisco Martínez – José M.Villamayor

Regularidad: Darío Garcia – Emilio Pascual

Kit Car: Joan Vinyes – Jordi Mercader

Equipo más rápido: Joan Vinyes – Jordi Mercader

Eles fan posible o Rali Rías Altas

Patrocinadores

Son indispensables para organizar o rali

Concellos e Institucións

Disfrútao

Un rali para todos!

O Rali Rías Altas Histórico é un rali no que todo o mundo é benvido e no que os participantes son os principais protagonistas. Despois de todos estes anos, a súa opinión, as súas críticas e os seus consellos serviron para conseguir un formato do agrado da maioría, cuns tramos cronometrados espectaculares e con moi boas condicións para gozar da condución.

Os afeccionados son o outro piar que axudou a alcanzar os obxectivos ano tras ano, cunha resposta e actitude exemplar, e cun apoio incondicional a unha das mellores probas de vehículos históricos do país.